O alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo, o alcalde de Samos, Julio Gallego, a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro e o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, subiron hoxe ata as inmediacións da Mesa dos Catros Cabaleiros para comer as doce uvas cando o reloxo marcou o mediodía e facer un brinde por un ano 2021 cheo de saúde para todos.
Os rexedores quixeron tamén agradecer á Asociación Fonte do Milagro por manter vivo o espírito desta tradición e por dar as badaladas.