Imprimir

A Xunta impulsa a recuperación dun conxunto arquitectónico en Láncara

EP | 05 de febrero de 2019

Balseiro, no lugar rehabilitado de Reboredo, Láncara.EP
Balseiro, no lugar rehabilitado de Reboredo, Láncara.EP

Balseiro visitou as instalacións e valorou que se trate dunha iniciativa de emprendemento sostible no rural 

A Xunta de Galicia impulsou a recuperación dun conxunto arquitectónico no lugar de Reboredo, en Láncara, que será utilizado para actividades turísticas. O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou este martes as instalacións que foron rehabilitadas cunha achega de 171.700 euros da Consellería do Medio Rural, o 50% do investimento subvencionable.

Da man da empresaria promotora da iniciativa, Pilar Elena Toirán Vieito, o delegado coñeceu o proxecto emprendedor que consiste na posta en marcha dun aloxamento turístico e un centro para actividades complementarias de ocio e de formación relacionadas cos recursos naturais, como a pesca, a apicultura as castañas ou a micoloxía.

O proxecto recibiu financiamento da Xunta a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais, que está a “favorecer a ampliación e a diversificación do tecido produtivo da zona, sufragando actuacións de modernización do sector primario e de consolidación doutros sectores emerxentes, especialmente o turístico”, segundo afirmou Balseiro.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/sarria/xunta-impulsa-recuperacion-dun-conxunto-arquitectonico-turismo-lancara/201902051959391358201.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)