A Xunta busca o retorno de 22.000 emigrantes cun plan con 235 millóns de euros

Feijóo anuncia axudas de ata 10.000 euros para que os retornados poidan abrir o seu negocio en Galicia ou bolsas para estudantes 

Monumento al emigrante en Mosteiro. SILVIA IGLESIA
photo_camera Monumento al emigrante en Mosteiro. SILVIA IGLESIA

A Xunta pon en marcha un plan cunhas 50 medidas para o retorno de entre 20.000 e 22.000 galegos na emigración cun orzamento de 235 millóns de euros até 2020.

En rolda de prensa após o Consello da Xunta, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, remarca que se busca tanto "favorecer" que galegos na emigración "poidan volver no caso de que nacesen aquí" ou que veñan á Comunidade fillos e netos de galegos. E é que considera que os residentes no exterior son a "panca máis importante para rexuvenecer a poboación galega".

Entre outras medidas neste plan, que Feijóo define como "xusto e bo", haberá até 10.000 euros para retornados que queiran iniciar o seu negocio en Galicia, bolsas para estudantes e axudas "extraordinarias" a familias con fillos menores de idade.

Así, porase en marcha unha única oficina do emigrante retornado que asesorará sobre "as facilidades" para a volta en cuestións como educación, emprego ou vivenda. 

Comentarios