Xermolos adia a celebración do Hectómetro Literario polas novas restricións sanitarias

A homenaxe a Miguel Anxo Fernán Vello no Paseo dos Soños de Vilalba, á beira do río Magdalena, estaba prevista para este sábado 24
Peza dedicada a Fernán Vello, obra de Valdi. EP
photo_camera Peza dedicada a Fernán Vello, obra de Valdi. EP

A asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María veñen de anunciar o adiamento da inauguración do Hectómetro Literario dedicado ao poeta cospeités Miguel Anxo Fernán Vello, debido as novas restricións sanitarias "que impiden as xuntanzas", precisan.

O acto, co que colabora o Concello de Vilalba, ía celebrarse este sábado, día 24, ás 12.30 horas no Paseo dos Soños de Vilalba e incluía, como é costume, a presentación da escultura dedicada ao escritor homenaxeado, a número 14 deste itinerario cultural que discorre á beira do río Magdalena, así como actuacións e intervencións, entre elas a de Valdi, autor da peza, igual que de boa parte das súas predecesoras.

"Agardamos que isto vaia mellorando e a nosa cultura supere todos estes atrancos", desexan dende a organización, que xa tivo que suspender o acto previamente e tamén modificar a programación habitual en aras da seguridade dos asistentes.

Comentarios