Opinión

A xente non importa para os gobernantes

 

GOBERNAR UN lugar ou facelo para as persoas. Non é o mesmo tomar decisións para un territorio como para quen vive nel. Nos sistemas nos que se impón a liberdade sobre a igualdade a xente importa menos, só os grandes números, a macroeconomía, a que ao analizar as cifras de paro non se depara en que millóns de traballadores poidan ter que seguir recorrendo ao Banco de Alimentos porque non chegan a fin de mes. É o que Manuel Rivas chama economía gris e criminal e alerta dun rearmamento bélico e abaratamento humano, como consta na contracapa do seu libro Contra todo isto. Un manifesto rebelde, no que denuncia o desdén polas humanidades no ensino, porque só interesa "o progreso retrógrado" no que as grandes cifras ocultan as persoas. Por iso se desprezan millóns de nativos e miles de africanos e asiáticos que pretenden cruzar o Mediterráneo, porque a xente non importa.

Comentarios