Xacio Baño, tras a estrea de 'Trote' en Locarno: "Sucédense moitas emocións"

O cineasta de Xove asegura que a súa primeira longametraxe espertou "moito interese" noutros festivais

Estrea de 'Trote' no Festival de Locarno. EP
photo_camera Estrea de 'Trote' no Festival de Locarno. EP

"Sucédense moitas emocións ao sentir a peli por primeira vez con público. É moi ilusionante sentir que a peli te leva por ese plano máis sensorial, e máis hipnótico que racional. Que te vai golpeando ata baixarte ás tripas. Espertou moito interese noutros festivais, asi que este será o comezo dunha longa viaxe". Así explicaba Xacio Baño (Xove, 1983) as sensacións que espertou a estrea internacional da súa primeira longametraxe, Trote, no Festiva de Cine de Locarno, en Suíza. 

A película rodouse no curro da rapa das bestas de Amil, en Moraña, e a finais de setembro tamén se proxectará na sección Zinemaldia do Festival de Cine de San Sebastián.

Xacio Baño regresaba así ao festival suízo —xa estivo coas súas curtas Ser e voltar e Eco— e estivo acompañado por parte do seu equipo, entre eles, a súa protagonista, a actriz da Barrela (Carballedo) María Vázquez e a produtora Luisa Romeo, de Frida Films.

A historia de Trote parte dun guión do propio Baño e do novelista Diego Ameixeiras. É a historia de Carme, interpretada por María Vázquez. Filla de e irmá de. Alguén que vive nunha aldea ao coidado da súa nai e co seu pai, co que case que non se comunica.

Comentarios