Imprimir

Votos perdidos

Tito Diéguez |

El Progreso de Lugo | 10 de noviembre de 2019

Sóese cualificar de voto perdido o que recae nun partido que non acada representación. Se iso fose así resultarían igual de tirados os sobrantes de calquera formación política logo de conseguir o número suficiente para o escano. Pero nin unha cousa nin outra, porque un voto só representa iso, o apoio de un, o de cadaquén, igual de importante se é único como se vai unido a millóns, se ben nestas eleccións dá o senso de que todos poden ser perdidos, igual que nos comicios de abril, porque os nosos elixidos non foron quen de acordar goberno.

E logo do visto durante a campaña e o sentido das enquisas, non se venta un desbloqueo a menos que pacten PSOE e PP ou ben se rachen os sondeos e as tres dereitas sumen. Porque este sistema co que nos dotamos, que seica funcionou ata agora, parece estar desfasado. Constitucionalismo non pode ser sinónimo de inmobilismo, e se isto non se endereita podemos seguir bloqueados e perder non só o voto.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/votos-perdidos/201911101454001406458.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)