Opinión

Vitoria sería máis que frear o referendo

SERÁN CENTOS de miles ou millóns, non se utilizou ata agora ningún instrumento para medilos, pero o evidente é que na última década pasouse dunha presa deles a multitude de independentistas en Cataluña, manifestantes na Diada ou calados na casa, pero cunhas ansias de ruptura que antes non existían. E ese é o que se chama problema catalán, que non se resolve con decisións coercitivas, porque aínda que non se concrete a celebración do referendo, o que se fai é deixar a cuestión larvada e con enfrontamento polas posicións antagónicas entre os cataláns. E se se chegan a plasmar imaxes como a retirada de urnas nas que votar a cargo de forzas de seguridade ou o requisamento de papeletas como o intento nun periódico días atrás o asunto agravarase. Porque a vitoria do Goberno non sería só evitar o referendo, senón rebaixar o secesionismo, e para iso non parece ter clara a estratexia.

Comentarios