A vella igrexa de San Tirso fíxose sobre un mosteiro altomedieval e un castro

Ruinas de la iglesia de San Tirso de Portocelo. AEP
photo_camera Ruinas do mosteiro de San Tirso, en Portocelo. Mariña-Patrimonio

«Se en Irlanda tivesen este mosteiro ubicado no interior dun castro, coas espectaculares defensas aínda en relativamente bo estado, este sería o típico sitio que aparecería en todos os documentais e películas, un orgullo nacional», escribía o profesor da USC e investigador Manuel Gago logo de coñecer o xacemento que se pousa sobre un cantil de Portocelo, en Xove. O feito particular é que a coñecida como igrexa vella de San Tirso, do século XVII, construiuse sobre os restos dun mosteiro altomedieval anterior, que á súa vez «nace no interior dun castro e non só non elimina as súas defensas, senón que as aproveita ou mesmo potencia».

Poucos sabían desta historia e por iso un veciño, Carlos Fernández Louzao, organizou unha charla en Portocelo para dala a coñecer, un encontro que estivo dirixido por Manuel Miranda, de MariñaPatrimono, quen á súa vez bebeu do estudo do profesor Gago.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios