Veciños e profesionais sanitarios reclaman máis medios humanos e materiais para o PAC de Chantada

Os concelleiros socialistas do municipio chantadino e de Carballedo sumáronse á concetración

Concentración ante o PAC de Chantada. EP
photo_camera Concentración ante o PAC de Chantada. EP

Os veciños de Chantada e Carballedo e os profesionais do centro de saúde e do PAC chantadino manifestáronse este luns para reclamar máis medios humanos e materiais.

Á concentración sumáronse os concelleiros socialistas dos dous municipios e o secretario provincial do PSOE en Lugo, Álvaro Santos Ramos.

Segundo os socialistas, a Xunta négase a reforzar o número de profesionais en urxencias e a restituír unha ambulancia en detrimento dos 8.300 veciños de Chantada e dos máis de 2.200 de Carballedo cuxo Punto de Atención Continuada é o chantadino. Contando polas tardes de luns a sábados cun só médico e unha enfermeira. 

Chantada contaba no pasado, apunta o PSOE, cunha ambulancia asistencial e outra suplementaria e agora só teñen a asistencial operativa as 24 horas do día. Isto implica que en caso de varias emerxencias simultáneas, os profesionais tardan máis tempo en chegar ao lugar do suceso. 

10.500 VECIÑOS, 300 KM2 e 59 PARROQUIAS. Os socialistas destacaron a necesidade de reforzar o servizo de urxencias con máis persoal e outra ambulancia atendendo as demandas dos veciños e a situación orográfica, pois son máis de 300 km2 de extensión e 59 parroquias as que comprende a área do PAC de Chantada.

Comentarios