Unha fotógrafa mariñá de 18 anos imponse nun certame a 320 persoas

A moza do Valadouro Alicia Castro Oroza gañou onte o premio Xurxo Lobato grazas á súa serie de imaxes 'Camelias en el agua'
A serie de fotografías premiada
photo_camera A serie de fotografías premiada

A estudante de Moucide (O Valadouro) Alicia Castro Oroza, de 18 anos, foi recoñecida onte co premio Xurxo Lobato pola súa serie de fotografías ‘Camelias en el agua’. A gañadora, que estuda no IES de Foz, impúxose a 320 alumnos de ensino medio que se presentaron a este certamen convocado polos exalumnos do IES de Monelos na Coruña, o Concello herculino e Gadis.

O fotógrafo Xurxo Lobato, que lle cede o seu nome ao galardón, confesou que o xurado se viu sorprendido pola «expresividade» das fotografías de Alicia Castro e valorou a súa «cualidade técnica». Tamén valorou a «orixinalidade» e a «imaxinación na realización», aínda que asemade destacou «as referencias á fotografía xaponesa e a películas como ‘American Beauty’, que indican que unha rapaza da costa de Lugo ten unha cultura visual que manexa referencias de cine e fotografía que son mundiais».

Lobato engadiu que na valoración tamén apreciaron que «ten un concepto claro e un manexo técnico moi profesional», que lle permitiron realizar unhas fotografías de «gran plasticidade e dunha interesante carga erótica».

«UN SUEÑO». A emoción asolagaba as cordas vocais de Alicia Castro tras saber que era a gañadora. Nun primeiro momento, expresou entre bágoas que o máis importante fora «lograr un primer premio» por un trabajo en su «sueño de ser profesional de la fotografía».

A intención da gañadora cando fixo esta serie era «demostrar que no hace falta tener un cuerpo 10 para ser perfecta».

Para realizar a imaxe contou coa colaboración da súa amiga Carmen Martín Lestegás, coa que estudou no IES de Foz e que traballou como modelo. Alicia e Carmen reuníronse na casa da segunda, en Foz, porque querían probar a «hacer fotografías con agua, que era algo nuevo para las dos».

«La serie ’Camelias en el agua’ trata de demostrar que no hace falta tener un cuerpo 10 para ser perfecta»

«Quiero estudar fotografía, pero mientras voy a seguir aprendiendo de los profesionales»

«Pusimos flores y pétalos para adornar el agua» y buscar notas de color en las imágenes.

TRES AÑOS. Alicia Castro Oroza empezou a aprender fotogafía hai tres anos, despois de que lle regalaran unha cámara polo seu aniversario.

Logo se fixo co aparello porque, cun ano de práctica, conseguiuquedar finalista no premio Xurxo Lobato, o mesmo que gañou onte. Onte, cando foi á Coruña convocada polo xurado para a entrega de galardóns pensou que volvera ser finalista; «no esperaba ganar».

Cando se lle pregunta polo futuro, asevera que lle gustaría ser fotógrafa profesional, polo que se matriculará no ciclo superior de FP dedicado a esta disciplina que se imparte en Lugo. «Mientras tanto, seguiré aprendiendo de mis amigos profesionales y esforzándome mucho», afirma.

Comentarios