Concurso de tapas de Castro: Unha ducia de bos manxares

Os hostaleiros promoven o seu quinto certame, que arrincou con éxito a pasada fin de semana e culminará do 13 ao 15, con premios para o público

Concurso de tapas de Castro. JOSÉ ÁNGEL DÍAZ
photo_camera Concurso de tapas de Castro. JOSÉ ÁNGEL DÍAZ

Unha ducia de manxares únicos e media ducia de días para saborealos. Os hostaleiros de Castro de Ribeiras de Lea promoven a quinta edición do seu xa tradicional concurso de tapas, una proposta gastronómica que se estreaba con récord de asistencia esta fin de semana e que terá continuidade dende o venres 13 ata domingo 15. As tapas sérvense ao prezo único de dous euros, de 20.00 a 0.00 horas.

Os clientes poden valorar as tapas e, se completan a ruta dos doce locais, entrarán no sorteo de tres premios de 700, 200 e 100 puntos. E o do público non será ao único xuízo ao que se enfronten os hostaleiros participantes, xa que tamén haberá un xurado profesional que avalíe a calidade das tapas.

Améndoa. Cóxegas
Pastelería Améndoa. JOSÉ ÁNGEL DÍAZCrema de noces de Navia sobre confitura de laranza ecolóxica, aderezada con sirope de chocolate e unha gallega artesá.
Carballeira. Rulo Celta
Brasería Carballeira. JOSÉ ÁNGEL DÍAZHamburguesa de proco celta e pan do país con queixo de San Simón, xelatina de tomate, ensalada de xerminados de cebola e filamentos de seta.
Chus. Bocados
Café Bar Chus. JOSÉ ÁNGEL DÍAZTosta con confitura de tomate, bacallau marinado e cebola caramelizada xunto a unha redución de Pedro Ximénez e Módena e caramelo de tomate.
Cóndor. Coroa da Reina do Cantábrico
Restaurante Cóndor. JOSÉ ÁNGEL DÍAZAnchoa do Cantábrico frita sobre leite de patacas panadeiras e verduras ao forno, con dúas cremas de algas en dous gusto e coroado con caviar de lima.
Fénix. Sol de pulpo
Bar Fénix. JOSÉ ÁNGEL DÍAZBola de pataca rechea de polvo, un langostino ao forno adobado, tomate cherry e salsa rosa
L&M. Solombo de tenreira en crema de queixo
Café Bar L&M. JOSÉ ÁNGEL DÍAZSolombo de tenreira en crema de queixo servido en copa
Mariva. Delicias Mariva
Cafetería Mariva. JOSÉ ÁNGEL DÍAZChampiñón recheo de bacon e xamón, un puré de pataca e alioli, unha filloa con grelos, gambas e xamón e un chupito de chocolate son as Delicias Mariva
Paco. Solombo de primavera
Café Bar Paco. JOSÉ ÁNGEL DÍAZSolombo sobre pataca panadeira con verdura salteada, cunha ensalada de tomate cherry recheo de queixo con canónigo e cebola frita
Puente. O límite do Puente
Café Bar Puente. JOSÉ ÁNGEL DÍAZBrocheta de varias carnes e pataca á prancha, xunto a unha salsa de setas e noces e un postre caseiro
Río Lea. Niño do cuco
Restaurante Río Lea. JOSÉ ÁNGEL DÍAZUnha masa exterior protexe unhas cañas de xamón york recheas de carne picada sobre un leito de verduras
SagitarioRedondo en cama de algas
Sagitario. JOSÉ ÁNGEL DÍAZBase de algas cun redondo de carne tenreira e porco
 Suso. Crocante de salmón e gambas
Restaurante Suso. JOSÉ ÁNGEL DÍAZCrocante feito con pasta filo rechea de salmón e gambas, cunha tosta de pan e allo e unha cama de salsa de tomate caseira

 

Comentarios