Un pobo corrupto pero optimista

ANÚNCIANSE bos datos macroeconómicos e rebaixas impositivas, pero os cidadáns nin o perciben como mellora nas súas economías domésticas nin teñen a sensación de que isto se vaia rexenerar. Así consta no último barómetro do CIS.

E como positivo, o convencemento de que descende o nivel de corrupción, parello a que tamén sube o optimismo social. Este paralelismo pode vir dado porque quizais un enchufe nunha institución lles permite ver o futuro con outra cara a algúns consultados para este estudo. Os mesmos que en ocasións critican perversións gozan de traballos conseguidos grazas á participación de terceiros máis ca por propios méritos, pero neste país tan pouco autocrítico non soemos ver a viga no noso ollo, quizais pola cercanía. Senón non estaría tan estendida a voz de que hai institucións nas que nin un empregado entrou sen trifásico. Mesmo en Lugo. Por algo será.

Comentarios