Un total de tres conatos de incendio afectaron durante o día á Terra Chá

Na parroquia xermadesa de Roupar continúan as labores de extinción
Traballos de extinción en Roupar. SILVIA IGLESIA
photo_camera Traballos de extinción en Roupar. SILVIA IGLESIA

Un total de tres conatos de incendio afectaron durante o día de hoxe á Terra Chá.

O último foi no lugar da Ribeira, na parroquia xermadesa de Roupar, onde arderon un total de 0,16 hectáreas. Nas labores de extinción están a traballar polo momento un axente, catro brigadas, varias motobombas e un helicóptero, que conseguiron dar por contraladas as lapas pouco antes das 17.00, unha hora despois de que se declarase.

Este súmase ao de esta mañá en Saavedra, Begonte, que tivo lugar á beira da estrada que une Rábade con Vilalba, e ao incendio acontecido en Santalla de Pena, no mesmo municipio, que calcinaba 0,65 hectáreas de monte arborado e que se daba por extinguido pasadas as doce da mañá.

Comentarios