Imprimir

As temperaturas sufrirán un descenso este martes en Galicia

Redacción | 30 de noviembre de 2020

A comunidade continuará durante o día baixo influencia anticiclónica

Galicia continuará durante o martes baixo influencia anticiclónica, coa chegada dunha fronte pouco activa polo norte cara á noite. Con esta situación, comezaremos a xornada con bancos de néboa illados en zonas de interior que darán paso a ceos despexados ou con algunhas nubes altas. Á tarde aumentarán progresivamente as nubes que deixarán chuvias no terzo norte durante a madrugada.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos do nordés, aumentando en intensidade no litoral cara á noite.

meteogalicia

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/temperaturas-sufriran-descenso-martes-galicia/202011302147061472931.html


© 2021 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)