Suso de Toro reflexiona sobre a vida na súa última obra, 'Humildar'

O escritor reflexiona sobre a vida e a espiritualidade neste libro
Suso de Toro
photo_camera Suso de Toro

O esritor galego Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1965) presentou este xoves a súa última obra, Humildar. Rituais despois de Deus, na que reflexiona sobre a vida e a espiritualidade. Así pois, este ensaio manuscrito, publicado por Xerais, pretende ser un compendio de pensamentos e ritos para todas aquelas persoas agnósticas, que non participan de ningún tipo de relixión.

Segundo Suso de Toro, a relixión é unha especie de "linguaxe para o divino" do que as persoas sen crenzas carecen e en certos momentos da súa vida necesitan.

Por iso, nas 48 páxinas de Humildar o autor galego propón unha serie de ritos e solucións para este colectivo que, admitiu na presentación desta tarde na libraría Numax de Santiago de Compostela, son herdanza involuntaria doutros escritos anteriores ao longo de toda a súa traxectoria.

E é que a súa última obra, comentou, nace en parte "por casualidade" e auguroulle "certa dificultade de recepción" polo particular do seu formato.

No entanto, cre que é unha obra adecuada para os complicadas tempos actuais, nos que moitas persoas regresan á fe e outras precisan deste tipo de ritos como os que describe.

A pesar de todo, Suso de Toro insiste en que non quere caer na "soberbia" e que por iso evita ser "solemne" e "impostado" creando novas oracións e limitándose tan só a describir novos ritos para todos aqueles que queiran practicalos.

Na presentación de Humildar. Rituais para despois de Deus estivo presente tamén o director de Xerais en Galicia, Manuel Bragado, que definiu esta obra como un "libro singular" e "froito da auténtica madurez humana" do autor.

Comentarios