Sorteadas as letras para desempatar na admisión en colexios para o curso 2020-2021

Nenos á porta dun colexio. ARQUIVO
photo_camera Nenos á porta dun colexio. ARQUIVO

A Consellería de Educación sorteou este mércores as letras dos apelidos das familias que terán prioridade en caso de empate de puntos para unha mesma praza en centros escolares o curso 2020-2021. No primeiro apelido son: 'T' (primeira letra) e 'G' (segunda letra). No segundo apelido son: 'E' (primeira letra) e 'X' (segunda letra). 

A partir do 1 de marzo, domingo, ábrese o prazo de admisión de forma telemática –será desde o día 2 de forma presencial– para o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como para os que desexen cambiar de centro escolar en Infantil, Primaria, Eso e Bacharelato. O prazo termina o 20 de marzo. 

Así mesmo, Educación pon a disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marcar os criterios de baremos a valorar, e poidan presentala de forma presencial ou por vía electrónica. 

As familias poderán consultar o estado tramitación de solicitude nas distintas fases de procedemento co uso do código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante. 

Comentarios