Sés: ''La garganta que canta blues y la que canta muiñeira no se diferencian''

María Xosé Silvar, Sés (Foto: SÉS)
photo_camera María Xosé Silvar, Sés (Foto: SÉS)

María Xosé Silvar é Sés. É unha desas persoas que fala como unha ametralladora e que non di unha palabra de máis. O videoclip do primeiro single do seu novo álbum, ‘Co xenio destrozado’ (Boa), vén de ser pendurado no ‘podcast’ de Radio 3, cun grande éxito de visitas. 

sés é unha das compositoras e cantantes galegas do momento e achega este serán (20.30 horas) a súa banda ata a Casa do Saber de Lugo, nunha actuación que terá lugar dentro do ciclo Lubicán.

Vostede móvese nas músicas americanas: o blues, o rock... Tamén ‘Co xeino destrozado’ responde a este patrón?

Eu sempre digo que son unha cantautora, pero non visto ao xeito ortodoxo. Prefiro vestir os meus temas de blues ou de rock & roll (máis que de rock), pero tamén de músicas de América do Sur: milongas, rancheiras, músicas caribeñas...

Logo desa primeira década do século na que a música alternativa viña un pouco lánguida, agradécense sons tan enérxicos...

Vivimos ese momento do chamado indie, dun sonido posmoderno que non di nada en concreto, porque se prioriza unha busca do como... Eu teño un punto de partida diferente, teño moi claro que quero dicir e se estou fodida porque me deixaron, en vez de un country escollo unha rancheira.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios