El confinamiento de... Fernando Blanco

"Saio á fiestra ás oito para aplaudir aos que traballan e para coñecer aos veciños"

Fernando Blanco. EP
photo_camera Fernando Blanco. EP

Onde está a pasar o confinamento?
En Lugo, no meu piso, botando todos os días de menos un balcón ou unha terraza, e esperando que chegue o día de saír do confinamento despois de máis dun mes aquí.

Como o soporta, que cousas fai día a día?
Levantámonos cedo, fago os traballos de casa, infórmome a través dos diarios dixitais e da prensa de papel, miro algo no ordenador, vexo algunhas series, fago un redescubrimento dalgúns xogos de mesa, fago algunhas clamadas por teléfono e tamén respondo e envío mensaxes por Whatsapp. Saio á fiestra ás oito para aplaudir aos que están traballando para facernos a vida mellor e tamén para coñecer aos veciños do barrio, que agora tamén nos vemos nas ventás e forma parte xa dunha rutina diaria.

Que será o primeiro que fará cando saia?
Sinceiramente non o sei, estou no momento de esperar a que chegue ese día e non teño nada claro o que farei.

Que lección saca de todo isto, positiva e negativa?
A lección positiva. A de ver a esas personas, que coa súa solidariedades e traballo están contribuíndo a facernos un confinamento máis levadeiro e unha sociedade mellor. E o negativo, eses outros que buscan culpables antes que solucións nun dos momentos máis difíciles da nosa historia e nos que o que se necesita é cooperación, esforzo e intelixencia.