Opinión

Restricións cada vez maiores

REDUCIR OS contactos ao máximo. Esa é a única fórmula para frear o covid. Aquí, e en calquera país. E aí entran as restricións, máis ou menos drásticas, pero imprescindibles, chámense toque de queda nocturno, peche perimetral dun territorio ou minguar ao estremo as reunións e o seu tamaño. O malo, que parecen sempre tardías polos temores gobernamentais a atentar contra a economía, por iso cada vez teñen que ser máis radicais.

En Alemaña pechan bares, restaurantes, teatros ou cinemas cando a situación non é tan mala como en España, e en Francia confínanse, pero nestes lares critícase cada limitación pola merma económica, sobre todo en sectores como o hostaleiro ou o cultural. Certo que sofren atrozmente desde marzo e un confinamento como o da primavera sería letal para o país, pero como non se reverta a tempo esta segunda onda o problema non serán os Santos, nin o Nadal, nin máis tarde a Semana Santa, senón o futuro de anos.

Comentarios