Rescatado en helicóptero tras caer nunhas rochas cando collía percebe en Nigrán

El Pesca I, en una zona de rocas. SALVAMENTO MARÍTIMO
photo_camera El Pesca I, en una zona de rocas. SALVAMENTO MARÍTIMO

O helicóptero Pesca I de Gardacostas de Galicia rescatou no mediodía deste domingo a un home que caeu ás rochas cando recollía percebes nunha zona de difícil acceso de Panxón, en Nigrán.

Segundo informa o 112 Galicia, foi un familiar quen chamou para pedir axuda sobre as 13.00 horas, tras sinalar que o home caera ás rochas, que resultara ferido e que a irregularidade do terreo dificultaba o acceso. 

Seguidamente, a central de emerxencias activou un operativo no que, ademais de Gardacostas de Galicia, contou coa participación de Urxencias Sanitarias-061, de Salvamento Marítimo, do GES de Val Miñor e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local de Nigrán. Así mesmo, avisouse a Protección Civil por se fose necesaria a súa colaboración. 

Foi o Pesca I de Gardacostas o encargado de rescatar ao home e de evacualo finalmente ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo.