Opinión

Reordenación económica entre xigantes

NESTA CRISE non se trata só de evitar mortes, que continuarán por moitos coidados que se poñan en cada país, senón que tras dela produciranse grandes cambios na orde internacional, económicos e políticos, de pugna entre gobernos e organismos supraestatais. Xa empezan a verse, con China como principal potencia que consolida a súa ascendencia e a mingua da UE máis polo retraemento dos seus membros ás fronteiras propias e a falta de estratexia global que polas arremetidas de Trump. Cando tiña oportunidade para capitanear o novo escenario, retráese a unha parálise que deixa o sur europeo desamparado logo da perda do primeiro socio logo de décadas en proceso inverso. As disputas internas afloraron abruptamente no último cumio e levaron a reunión ao fracaso ao amosar España e Italia o seu desgusto pola inconcreción dun plan que debería reactivar a economía europea. Pero non. Nesta reordenación que vén imponse China e retrocede a UE.

Comentarios