Regina Viarum ten visitas enoturísticas gratis para "os heroes" da pandemia

O próximo sábado, día 13, está prevista a chegada dun grupo de 17 persoas formado por persoal de asistencia social e traballadores da residencia de maiores A Nosa Señora do Carmen
Regina Viarum. AEP
photo_camera Regina Viarum. AEP

Adegas Regina Viarum, situada na subzona de Amandi da denominación de orixe Ribeira Sacra, sacou hai un mes un paquete de 1.000 experiencias enoturísticas para os que calificou de "heroes que non puideron quedarse na casa". Foi un xeito de recoñecer o traballo de sanitarios, empregados de farmacias, supermercados, transportistas e un longo etcétera de profesionais que a pesares da pandemia tiveron que traballar todos os días. Para eles programáronse visitas enoturísticas gratis á adega a partir do momento que esta abrise as súas portas, algo que xa sucedeu. 

O equipo de Adegas Regina Viarum activou un rigoroso protocolo de seguridade adoptando todas as medidas e recomendacións sanitarias para garantir as mellores experiencias enoturísticas co obxectivo de ofrecer actividades de lecer seguras nunha contorna privilexiada e para gozar de xornadas onde paisaxe, cultura, gastronomía e viño formen o tándem perfecto. 

Por iso, o próximo sábado, día 13, está prevista a visita dun grupo de 17 persoas formado por persoal de asistencia social e traballadores da residencia de maiores A Nosa Señora do Carmen, de Sober. 

Desde Regina Viarum dixeron que estes "serán os primeiros dos moitos heroes que se anotaron na nosa web reginaviarum.es ou no correo electrónico enoturismo@ reginaviarum.es", dentro do proxecto #enoturismoparahéroes que puso en marcha la bodega. 

O chamado Wine Tour é outra das actividades que se ofrece en Regina Viarum e que inclúe ademais da visita á adega e degustación de tres viños un percorrido polos viñedos e os arredores para contemplar e coñecer o corazón da Ribeira Sacra.

TREN TURÍSTICO. Regina Viarum traballa con Aba Sacra, unha empresa turística de Doade (Sober) que organiza rutas nun pequeno tren motorizado polas estradas que percorren os centos de viñedos xunto ao río Sil. 

A firma adquiriu un novo tren que foi adaptado para dar servizo de forma segura aos visitantes. O impulsor do proxecto, Antonio Rodríguez, sinalou que Aba Sacra tiña pensado estrear o tren en abril, pero que a crise sanitaria mudou por completo todos os seus planes, pero que foi quen de adaptarse ás circunstancias.

Comentarios