Raquel Arias Arias: "En Canadá os centros teñen menos alumnos por aula e máis recursos humanos"

A docente do instituto Gregorio Fernández de Sarria estivo durante catro semanas coñecendo o sistema educativo canadense
Raquel Arias. AEP. JPG
photo_camera Raquel Arias. AEP

Raquel Arias, profesora de inglés do instituto sarriao Gregorio Fernández, participou durante un mes no Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (Piale), unha experiencia "moi positiva". Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Consellería de Educación para mellorar a competencia lingüística e comunicativa dos docentes galegos e coñecer o sistema educativo doutros países, neste caso Canadá.

En que consistiu a súa participación neste programa?

Participei na modalidade de integración e estiven catro semanas en Ottawa. Co programa vívese cunha familia canadense e eu estiven cunha muller brasileira que xa leva 20 anos no país. Cada un dos profesores que participamos fomos destinados a un centro e eu fun a un de adultos de Ottawa. Neste todos os alumnos eran inmigrantes, procedentes de diferentes partes do mundo

Que diferenzas atopou con respecto ao sistema educativo galego?

Alí é unha educación moi práctica. Aprenden menos cousas, pero dedícanlles máis tempo. Son menos materias, non teñen a batería que hai aquí. Son clases de hora e cuarto e as materias impártense todos os días.

Que foi o que máis lle sorprendeu das clases en Canadá?

Que teñen unha liberdade de movementos absoluta. As portas están abertas, os alumnos están entrando e saíndo, algúns saían antes, outros chegaban máis tarde porque tamén traballan. Enriba da mesa teñen comida, bebida e o teléfono móbil. Entran e saen das clases para atender chamadas.

Vostede é coordinadora da biblioteca Fiz Vergara Vilariño do instituto sarriao. Aproveitaría para coñecer a do centro de Canadá.

Si, alí a biblioteca non se dedica a facer actividades culturais como ocorre aquí. Está todo moito máis limitado, non son mediadores de actividades culturais. Dedícase a emprestar libros e tamén teñen ordenadores con conexión a internet. Contaron que diminuíron os ingresos da biblioteca, nos anos 2000 chegou a ter un orzamento duns 13.000 dólares e agora non hai presuposto. Chamoume a atención que penalizan economicamente se devolven con retraso os libros, son 25 centavos por cada A profesora Raquel Arias. día cun máximo de 3 dólares.

Que se podería aplicar da educación canadense na española?

Que teñen un menor número de alumnos por aula e máis recursos humanos que nós. Alí contan coa figura dos profesores voluntarios, que son xeralmente mestres xubilados, e repercute moi positivamente. Despois os recursos materiais son practicamente iguais, niso non temos nada que lles envexar.

Como valora a experiencia?

Foi moi ben, moi positiva, salvo polo frío e a neve. Chegamos a menos 15 grados.

Comentarios