Imprimir

Os rapaces do Ceip Santo Estevo de Parga téñeno claro: "Eu quedo na casa"

Redacción | 23 de marzo de 2020

Os alumnos do Ceip Santo Estevo de Parga, en Guitiriz, non teñen dúbidas sobre o que toca ante a crise do coronavirus. Nun vídeo divulgado polo centro a través das redes sociais, os rapaces deixan claro o que toca, que é o que eles fan: "Eu quedo na casa".

Explícano desde Natalia, Claudia, Alejandro e Noa ata Alba, Hugo ou Uxía, ademáis da "xefa", que tamén queda na cada. "Por ti, polas nosas familias, para que todos esteamos axiña xuntos no cole", explica.

O vídeo serve tamén para trasladar uns consellos aos alumnos: facede exercicio, lede libros, axudade na casa e xogade, pero na casa.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/a-chaira/rapaces-do-ceip-santo-estevo-parga-teneno-claro-eu-quedo-casa/202003230126361429631.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)