Opinión

Rajoy, o impasible

A ver quen se atreve a insinuar a retirada de Rajoy. Na oposición si, claro, posiblemente todos, pero no seu partido é difícil que alguén faga ademán de moverlle a cadeira, aínda que por gañas non queda, pois en privado son multitude os que dan ao presidente por amortizado. Pero os dirixentes populares saben da querencia de Rajoy por continuar a pesar de que as enquisas van minguando unha representación que no Congreso chegou a ser absoluta, a pesar de que o empurre de Ciudadanos socava os cimentos do monolitismo organizativo liberal-conservador que callou nos noventa do século pasado e a pesar dos bocaláns outrora altos cargos do partido que disparan balas de groso calibre nos xulgados en procesos contra a corrupción que ameaza con tsunami tras os movementos telúricos de Gürtel, Púnica, Lezo, Bárcenas ou Brugal, por citar só algúns. Pero Rajoy parece incombustible.

Comentarios