Opinión

Que toque un bo Goberno

O DÍA DA LOTERÍA a mellor sorte que se pode pedir é que toque un bo Goberno, para todos, aínda que sexa unha xeralidade imposible por moito que os políticos incidan nela. Aparencia. As decisións que se tomen, aínda que se dirixan á totalidade do país, sempre serán máis favorables para uns que para outros, ou ben só a unha parte enfrontada a outra en algo antagónico. Necesitamos goberno, o Estado leva con institucións en funcións demasiado tempo, incluso con orzamentos provintes dun Executivo censurado hai máis de ano e medio. A Administración funciona sen liderado político, pero este é imprescindible para os cambios necesarios. Non hai data de investidura á vista, e a negociación coa pata que resta para superar o trámite do Congreso vai como soe ser habitual nestes casos, dous pasos adiante e un para atrás. Mentres, xa que non se formaliza, a ver se toca a lotería, o que pasa é que iso é so para uns poucos e o Goberno debería ser para todos.

Comentarios