O PSOE de Abadín denuncia verteduras no río Gontán porque a depuradora non funciona

"As augas residuais e os vertidos da fábrica láctea chegan directamente a auga do río que está sendo contaminada”, apunta Pablo Díaz
 

Verteduras no río Gontán. EP
photo_camera Verteduras no río Gontán. EP

O PSOE de Abadín denuncia a aparición de verteduras no río Gontán como consecuencia do mal funcionamento da depuradora municipal.

O voceiro socialista, Pablo Díaz, advertiu que "levamos arrastrando estes problemas máis de 2 anos e o alcalde do PP non fai absolutamente nada para atallalos". Segundo explica, "as augas residuais e os vertidos da fábrica láctea chegan directamente a auga do río que está sendo contaminada".

Neste contexto, Díaz esixe ao Concello "que acometa de inmediato as reparacións necesarias na estación de auga" para evitar, "ademais do problema medioambiental", as sancións da Confederación Hidrográfica, "que sairán do peto de todos os veciños".

Ademais, Díaz denuncia o "total abandono" dos puntos limpos do Concello. En concreto os de Castromaior, Abeledo e Baroncelle.

"Os residuos depositados na instalación municipal sobresaen, superando o peche do perímetro, acumulándose na vía e bloqueando as estradas, ademais de incumprir as mínimas normas de salubridade", apunta o voceiro socialista.

Comentarios