Primera nacional B

A ZONA ALTA

Puerto Celeiro e Concello de Trabada non fallan

O cadro de Kiko Otero logrou os tres puntos na pista do Cerdedo tras impoñerse por 2-5. Pola súa parte, o Concello de Trabada venceu in extremis na pista do Begasucegsa Unidade cun gol a falla de tres segundos para a conclusión do encontro.

A ZONA BAIXA

Un punto de ouro para o Ribeira de Piquín

O cadro de Piquín encadena a súa terceira xornada consecutiva sen coñecer a derrota. Un gol de Paco a falla de dous segundos permitiu que o Ribeira empatase 3-3 na casa ante o Bueu. Os lucenses mantéñense fóra da zona de descenso.

OÍDO A...

Kiko Otero Adestrador do Celeiro

''O Puerto Celeiro mostrou moita inseguridade en defensa na primeira metade. Chegábamos tarde a tódolos balóns''

O DATO

3 segundos

Faltaban para o final do encontro entre o Begasucegsa Unidade e o Concello de Trabada, cando os mariñáns lograron o quinto e definitivo gol que desfacía a igualada no marcador.

Más en Fútbol Sala
Comentarios