O PP di que volve haber en Mazoi un vertedoiro incontrolado e culpa a alcaldesa

Manuel López recorda que se trata dun punto que era "moi conflitivo" porque alí se vertían todo tipo de restos e lixos

Lixo en Barcia (Mazoi). EP
photo_camera Lixo en Barcia (Mazoi). EP

O concelleiro do grupo municipal do PP, Manuel López, denunciou que se volven a depositar todo tipo de desperdicios no antigo punto de recollida de plásticos agrícolas en Barcia, na parroquia de Mazoi. unha situación que achaca "a desidia e irresponsabilidade de Lara Méndez, pola falta de vixilancia nas parroquias", apunta.

O concelleiro popular recorda que se trata dun punto que era "moi conflitivo" porque alí se vertían todo tipo de restos e lixos, polo que se optou por pechalo "tras múltiples e reiteradas denuncias do grupo municipal do Partido Popular, porque era un verdadeiro perigo medioambiental". Segundo di, "o triste é que despois de poñerlle unha solución aos problemas que había alí, agora nos atopamos que pola irresponsabilidade de Lara Méndez en Barcia volve a haber un serio risco para o medio porque nin se limpa nin se vixía".

O concelleiro popular lamenta que o goberno local semella "alleo a un grave problema" que dende hai meses se produce no Concello de Lugo "como é o rebrote de vertedoiros incontrolados na zona rural".

"O goberno local", afirma, "ten que tomar medidas urxentes, porque falamos dun problema moi serio que pode provocar danos moi graves".

Comentarios