Por xustiza, non por caridade

D as moitas referencias que deixou para a posteridade Mary Wollstonecraft, a filósofa e escritora inglesa do século XVIII precursora do movemento feminista, quédome coa determinante ‘é xustiza e non caridade o que necesita o mundo’, pois aínda que a frase foi concibida pensando nos dereitos das mulleres, pode facerse extensiva a calquera outra faceta. A nai da autora de ‘Frankenstein’ foi unha avanzada ao seu tempo, pois xa daquela defendía a escolaridade mixta, en igualdade de nenos e nenas, cando máis de 200 anos despois aínda se produce segregación por sexos. Esta postura entronca coa defensa da muller sen a tutela do varón, por dereito non por clemencia. Por iso non se pode defender un modelo social de caridade en vez de xustiza, atenuando a exclusión por compasión, con achegas privadas en vez de públicas como perpetuación dun sistema que normaliza a desigualdade.

Comentarios