Opinión

Pontón ilusiona

Ana Pontón —e o BNG, claro!— conseguiron este domingo algo fundamental: ilusionar de novo ao votante de esquerdas deste país, totalmente derrubado e desenganado polas loitas cainitas e o desgoberno xeraldesa entelequia denominada En Marea (Podemos, EU, Mareas municipais, Anova, Equo...). Pontón soubo recoller este voto porque representa unha marca solvente, capaz de gobernar ben —véxase Ribadeo— e cunha estrutura consolidada. Se o Bloque quere seguir crecendo, na miña humilde opinión debe aparcar o seu dogmatismo —isto é, o seu espírito independentista— e ser pragmático —facer unha oposición leal pero firme, pelexando por solucionar os problemas desta terriña—. En Galicia, dende sempre, sen moderación non hai paraíso.

Comentarios