A Policía Local intervén nun altercado entre indixentes na Praza Maior de Lugo

Non se levaron a cabo detencións, nin se rexistraron feridos

Varios de los inmuebles declarados en el Catastro de Ensenada estaban en la Praza Maior de Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera A Praza Maior de Lugo. SEBAS SENANDE

Axentes da Policía Local tiveron que intervir este sábado para que non fora a máis a lea que estaban protagonizando tres indixentes na céntrica Praza Maior da capital lucense. Non realizaron detencións, nin se rexistraron feridos.

Estas tres persoas, de nacionalidade rumana, adoitan pasar o día nos xardíns que hai fronte á estación de autobuses.

Este sábadp cando se atopaban na Praza Maior, con evidentes síntomas de embriaguez, comezaron a facer balbordo. De súpeto mantiveron unha discusión entre eles. Para evitar que a rifa se agravara foi requerida a presenza da Policía Local. Interviron entón os axentes para evitar que pasaran dos berros ás mans.