Imprimir

Podemos non deixa indiferente

Tito Diéguez | 22 de noviembre de 2014

Podemos está no centro do debate. Máis có habitual enfrontamento entre socialistas e populares, que capitalizou a liorta dialéctica desde a desaparición da UCD, tras as eleccións europeas a nova formación acapara protagonismo, ben porque llo dan os principais partidos ben porque os contertulios centran as controversias en apoiar ou reprender ao partido recén creado. Parece que non existe término medio con Podemos, nin entre partidos, nin entre comentaristas, nin entre cidadáns. Ou se admira ou se censura, ou se sube ao pedestal da esperanza ante tanta corrupción ou se derruba porque se dubida dos seus postulados, co argumentario de que non se sabe o que fará; ou se ataca desapiadadamente ou se defende recalcando que se se soubera o que ían facer primeiro Zapatero e logo Rajoy millóns de persoas tampouco os terían votado. O evidente é que non deixa a ninguén indiferente.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/podemos-non-deixa-indiferente/20141122000100331099.html


© 2019 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)