Plenario Veiga: "Para min a discoteca Hermo é unha institución"

A discoteca Hermo de Muimenta, que conta con máis de 40 anos de historia reabre mañá as súas portas da man de Plenario Veiga, que recolle o testemuño da familia Morán. A partir da medianoite, e cunha decoración especial de Halloween, celebrarase a xornada inaugural, que contará coa animación musical de Cosmedeejay, Hugo Leivas, Manu Chady, Dj Frisco e o vilalbés Marcos Peón.
Plenario Veiga y Pilar Morán, en la discoteca Hermo de Muimenta. M. MANCEBO
photo_camera Plenario Veiga, con Pilar Morán, na discoteca Hermo de Muimenta. M. MANCEBO

Que sensacións hai a un día da súa reapertura?

A sensación é de moito nerviosismo, pero tamén estou moi contento polo ben que está respondendo a xente, sobre todo polas redes sociais. A verdade é que estou bastante expectante a ver que pasa.

Ademais parece que a idea de fixar rutas de autobús está a funcionar moi ben.

Si, témolas todas cheas. Puxemos un servizo de bus dende Ribadeo, Vegadeo, Burela, Viveiro e Lugo, que a comezos de semana xa estaba completo, e tamén dende Guitiriz e dende a A Fonsagrada. E tamén sabemos que hai xente que puxo autobuses pola súa propia conta, por exemplo dende As Pontes.

É unha iniciativa que se vai repetir os vindeiros venres?

O noso plan é repetilo tódolos venres, recuperando un pouco o espírito do vello Noitebús. O teleléfono de información e de reservas, a través de whatsapp, é o 605.25.18.79.

Puxemos un servizo de bus dende Ribadeo, Vegadeo, Burela, Viveiro e Lugo, que a comezos da semana xa estaba completo

A xente que asista, que vai atopar do Tibor na Hermo?

Vanse encontrar coas mesmas ganas e co mesmo optimismo.

E que van atopar da vella Hermo na nova Hermo?

Vai haber bastantes recordos dos vellos tempos, tiraremos moito do remember.

Que hai programado para este venres?

Estando próximo á noite de Halloween, haberá decoración especial e maquilladores, ademais da música de Cosmedeejay, Hugo Leivas, Manu Chady e Dj Frisco e Marcos Peón, que farán o set especial Hermo Gold Edition.

Estes nomes repetirán actuación noutras noites?

Algúns si, pero tamén virán outros e haberá actuacións en directo, seguindo unha liña parecida á que había antes.

O día da reapertura, os que nos acompañen poderán sumar ata catro consumicións gratis

E as consumicións?

Este venres, e como recompensa a todos aqueles que nos veñan acompañar na nosa reapertura, poderanse sumar ata catro consumicións gratis si se reúnen as condicións. Ademais de por mercar a entrada, obteranse si se vén en autobús e por acudir disfrazado.

Que é para vostede a discoteca Hermo?

Moito, para min é unha institución. É unha das discotecas con máis antigüidade de Galicia e unha das que ten máis sona. É incrible que despois de tantos anos funcionando siga todo en tan bo estado, os equipos e o resto das instalacións.

Que afluencia agarda ver de novo por Muimenta?

Bastante, cremos que vai haber xente de tódolos lados polas mensaxes que xa nos foron chegando nestes días.

Comentarios