Pilar Arias Villajos:''Este ano será especial, xa que a entidade cumpre trinta e cinco anos''

Este ano organizan a decimosétima edición da mostra folclórica.

É unha actividade consolidada que realiza a nosa agrupación e nesta ocasión haberá dous días.

Quen actuará cada día?

O sábado 10 actuarán os grupos formados por adultos. Contaremos con Amador Lar de O Valadouro, con Legua Dereita de O Corgo e O Feitizo de Foz como anfritións.

E o domingo?

Será a tanda dos máis pequenos. Virán dende Ribadeo Amigos da Gaita e tamén actuará o noso grupo infantil, que está formado por cincuenta nenos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios