Imprimir

Pechan a gardería Gregorio Sanz de Lugo polo contaxio dunha educadora

Redacción | 25 de septiembre de 2020

La escuela infantil Gregorio Sanz. PEPE TEJERO
La escuela infantil Gregorio Sanz. PEPE TEJERO
O edil Felipe Rivas defende que "as posibilidades de contacto cos nenos foron moi pequenas"

A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento vén de comunicar ás familias o peche da Escola Infantil Municipal Gregorio Sanz, en Lugo, debido ao contaxio dunha das educadoras que traballan no centro. Segundo declarou o edil responsábel, Felipe Rivas, "os protocolos que están a seguir as educadoras das escolas permiten confirmar que as posibilidades de contacto cos nenos foron moi pequenas, mais por responsabilidade decidimos proceder ao peche da instalación".

Os colexios de Lugo suman un novo positivo e unha cuarta aula pechada

Rivas informou que "desde a confirmación do contaxio", na mañá deste venres, "mantivemos contacto continuo coas autoridades sanitarias para proceder segundo as súas indicacións". O edil manifestou a súa disposición a "colaborar coas autoridades sanitarias en todo o que sexa posíbel para poder continuar a ofertar este servizo público cando sexa seguro".

O resto de traballadores da escola serán sometidos a probas para descartar unha maior incidencia do virus na instalación e a edificación será sometida a unha desinfección seguindo os protocolos elaborados polo Concello de Lugo.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/lugo/pechan-garderia-gregorio-sanz-lugo-polo-positivo-dunha-educadora/202009251504221461451.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)