Pauline en la Playa e os lucenses Berta Franklin completan o cartel do Facela Fest

O festival celebrarase os días 17 e 18 de maio na cidade
Actuación del grupo Berta Franklin. XESÚS PONTE
photo_camera Actuación del grupo Berta Franklin. XESÚS PONTE

O grupo Pauline en la Playa, herdeiro de Undershakers, e os lucenses Berta Franklin completan o cartel do festival Facela, que se celebrará no Pavillón Vello e noutros espazos de Lugo os días 17 e 18 de maio.

O certame terá unha presentación en Lugo o sábado 18 de abril co concerto de Bigott no Club Clavicémbalo xunto a un guateque previo en O Mercado. A maiores darase a coñecer en Santiago o día 28 con Apartamentos Acapulco e os chantadinos Fábrica de Espejos.

Facela Fest anunciou xa lucenses como Gancho Sanches, Infrarroja, Conducto Coloquio e PV3000. A maiores estarán Christina Rosenvinge, Soleá Morente e Chucho.

Comentarios