Pablo Ramil: "Life sustenta moitas actividades do labor investigador"

O programa Life da Unión Europea, que financia iniciativas medioambientais, cumpre as súas vodas de prata. O Campus Terra, que acaba de conmemorar este aniversario cun acto, liderou durante estes anos cinco proxectos e colaborou noutros dous do campus.
Pablo Ramil
photo_camera Pablo Ramil

EN 25 ANOS o programa Life, que é a ferramenta que ten a Unión Europea para financiar exclusivamente proxectos adicados á conservación do medio ambiente, aportou máis de 2.200 millóns de euros para botar unha man a 4.520 iniciativas no Vello Continente, entre elas cinco que xestiounou directamente o Campus Terra de Lugo. Un dos seus centros, o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), do que o seu director é Pablo Ramil, ven de celebrar un acto conmemorativo no que repasou os beneficios ambientais producidos e o coñecemento xerado.

Que supuxo a posta en marcha do programa Life?
O programa Life é o que sustenta moitas das actividades de investigación, desenvolvemento e comunicación en torno a Rede Natura 2000. Aquí se fixo o primeiro proxecto en 1995. A partir de aí fóronse facendo máis adicados a distintas actuacións. O proxecto Parga-Ladra-Támoga, que lideraba a Deputación Provincial e colaboraba a USC, permitiu adquirir varios tipos de humedais, como os lagos de Begonte e as insuas de Cela en Rábade, e desenvolver distintas actuacións de conservación da natureza. Despois viñeron outros catro, centralizados no ámbito da provincia lucense, nos que participan investigadores do Campus Terra e outras institucións, como a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.

A súa posta en marcha, ademáis de facilitar que se levaran a cabo proxectos de investigación, supuxo un pulo para concienciar á sociedade da necesidade de conservar o entorno natural?
Estes proxectos teñen unha parte técnica, de investigación e de suministro de datos á Comisión Europea, pero tamén teñen unha parte moi importante de difusión e divulgación deses coñecementos a distintos axentes. Esa información notouse sustancialmente na provincia de Lugo, moito máis que noutras provincias de Galicia, porque tamén tivo a oportunidade de ter varios proxectos, máis ou menos, consecutivos e centrados nos mesmos temas. Hai moitas actividades que se fixeron para escolares de distintos niveis educativos; mesas de traballo; reunións con agricultores e con representantes dos distintos sectores produtivos...

"Trump non ve as consecuencias do cambio climático tanto na produción de alimentos como na saúde"

E é eficaz? Acada o seu obxectivo de sensibilización entre os receptores desa información?
Sobre todo nótase máis nas xeneracións novas. Cando vas a un colexio ves que teñen a información que xerou o proxecto Life decorando un aula ou o laboratorio de ciencias, ou ves os paneis que no seu momento repartiu a Deputación entre colexios, casas de turismos rural... Hai mesmo xente que ven ao Ibader en busca de guías, libros... Si que houbo unha traslación moi boa destes contidos á sociedade e houbo moita colaboración por parte das entidades, non só das que actuaban directamente nos proxectos senón doutras da provincia. O propio xornal El Progreso difundiu un libro que fixéramos sobre a Reserva da Bisofera e o proxecto Parga-Ladra-Támoga.

No acto conmemorativo do pasado venres do 25º aniversario do nacemento do programa Life tiveron moi presentes aos seus colaboradores.
Quixemos agradecer aos moitos actores da provincia, directos e indirectos, que colaboran con nós na posta en marcha destes proxectos, como a Deputación, a Xunta ou os concellos, por unha banda, e grupos ambientalistas, asociacións veciñais, comunidades de montes, medios de comunicación..., por outra banda.

Se a Unión Europea non chega a idear o programa Life, habería que inventalo?
Si, habería que inventalo e mesmo reforzalo, para que os beneficiarios non sexan só os grandes proxectos, senón tamén actuacións moito máis sinxelas doutros sectores que ás veces non teñen para optar a eles o tempo, nin as disponibilidades, nin a estratexia que pode ter evidentemente a Universidade ou a sinerxia desta coa Deputación, concellos e Xunta de Galicia.

Con todo o avanzado nestes anos, que lle parece que alguén como Donald Trump circule en dirección contraria e vaia a desvincular a Estados Unidos do acordo de París sobre o cambio climático?
Evidentemenre é todo o contrario. O señor Trump pode opinar, non o imos contradecir. Nos ademáis traballamos en cambio climático. Nestes momentos non ve as consecuencias que provoca o cambio climático na sociedade, tanto a nivel de aspectos da produción e elaboración de alimentos como na calidade de vida e na saúde. É un poco extrano negar a total evidencia. A política ten ás veces estes derroteiros.

Comentarios