''Ojalá nos juguemos el título en el encuentro de casa frente al Navalcarnero''

Lucía, co balón. (Foto: J.MªÁlvez)
photo_camera Lucía, co balón. (Foto: J.MªÁlvez)

«Gañar o título sería marabilloso e celebralo na casa, non che digo nada». Con esa ilusión vive a peche ourensá do Burela FSF Pescados Rubén, Lucía Nespereira, as últimas xornadas da Primeira feminina.

o burela fsf Pescados Rubén chega ás sete últimas xornadas da Primeira División feminina coas opcións enteiras de cara ao título. A escadra que dirixe Pardeiro está librando un man a man espectacular co Atlético de Madrid Navalcarnero, que está dous puntos por diante na clasificación. As burelesas teñen este fin de semana un desprazamento a Valladolid que supón unha pedra de toque importante se queren seguir dependendo de si mesmas para acadar o seu primeiro título nacional. Lucía Nespereira, unha das xogadoras máis relevantes, dentro e fóra da pista, amosa o seu optimismo, aínda que recoñece que o Navalcarnero segue sendo o favorito número un. A peche ourensá promete loita e firma chegar con opcións á penúltima xornada ligueira, última para o Burela, co enfrontamento directo entre os dous candidatos no pavillón Vista Alegre.

Cal é o estado físico, anímico e deportivo do Burela FSF?

Penso que estamos de dez. Fisicamente hai xornadas nas que acusamos o esforzo, pero é normal, e agora tivemos unhas minivacacións que nos permitiron recuperar forzas. A nivel anímico todas soñabamos con estar na situación na que nos atopamos e deportivamente estamos recollendo o froito de catro anos de traballo.

Como pode afectar este parón ao rendemento do equipo?

Penso que foi positivo porque nos serviu para estar coas nosas familias e desconectar un pouco dunha tempada tan esixente. Agora chegamos coas pilas cargadas para dar o mellor de nós no sprint final.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios