Opinión

Outro ministro no aramio

DOUS ABANDONOS e varios ministros movéndose no aramio sen rede. O Goberno frouxea, e non só pola cantidade de veces que recuou de propostas iniciais, senón tamén por extralimitacións dos seus membros. Situou Pedro Sánchez a permisividade coas irregularidades a un nivel tal que xa caeron dous ministros e uns cantos máis arrandearon e aínda ameazan co derrubo. O último é Borrell, por facer uso de información privilexiada nunha venda de accións.

A presión, non só da oposición, senón tamén de socios desde a moción de censura, poden levar ao titular de Exteriores á renuncia, igual que lle pasara aos fichaxes para Cultura e Sanidade. E a de Xustiza, tres veces reprobada entre Congreso e Senado, tamén arrolica polos perigosos contactos mantidos co policía Villarejo. Os ministros de Economía, Ciencia e Educación resultaron igualmente afectados, menos pero salpicados, o que deixa un pouso de descomposición xeralizada.

Comentarios