Comarca de Lugo

Outeiro de Rei recorda a Manuel María

Este domingo celebrouse unha xuntanza para recordar o cabodano de Manuel María. Este ano cúmprense 15 anos do seu falecemento.

Amigos e familiares participaron no emotivo acto organizado por Xermolos e a Irmandade Manuel María. Houbo unha comida de confraternidade e unha ofrenda floral no cementerio de Outeiro de Rei acompañada dun recital de poemas e música.

A continuación celebrouse na carballeira de Santa Isabel a entrega da Navalla do poeta chairego ao historiador Xosé Estévez e a título póstumo a Xabier P.Docampo.

Vídeo: AIDA SOENGAS

Comentarios