CADAQUÉN ten a súa receita coa que arranxar os problemas do país, pero ningunha é máxica para cambiar a dinámica; de feito, a idea beneficiosa para un colectivo pode ser contraproducente para outro. Por iso, cando un banqueiro nun alarde de imaxinación lle reclama ao goberno unha profunda reforma na sanidade e nas pensións, tanto os enfermos como os que aspiran a xubilarse, ou sexa, case todos, poden botarse a tremer. Non debía pensar o mesmo este banqueiro hai non moito cando miles de traballadores de banca deixaban de traballar con 50 ou poucos máis anos grazas aos impostos de todos. E a bo seguro que este banqueiro terá garantida unha boa xubilación, ao mellor similar ás multimillonarias que hai pouco transcenderon no sector que entre todos temos que reflotar sen que se vexan beneficios para os cidadáns. É moi doado pedir sacrificios aos demais pero sen asumilos un.
Buscar
Más en Noticias
Noticias
España vive temperaturas bajo cero mientras que Galicia afrontará una jornada de transición
Redacción
23/abr./24 18:21
Noticias
Dani González asinou un hat trick para apertar ao Outeiro na clasificación
Redacción
21/abr./24 22:46
Xogador do Folgueiro
Óscar Pérez Meitín marcou de penalti e no desconto para lograr a vitoria
Redacción
21/abr./24 22:10
Dianteiro do Paradela
Juan Manuel Silva, responsable dun hat trick na goleada ao Quiroga
Redacción
21/abr./24 21:30
Comentarios