Os picapedra Comen callos

Centos de persoas acudiron a probar os callos. CRISTINA PÉREZ.
photo_camera Centos de persoas acudiron a probar os callos. CRISTINA PÉREZ.

A XIX FEIRA DA Cantería, Callos e Artesanía de Parga deixou un bo sabor de boca, e non só porque se esgotasen as 700 racións deste manxar preparadas polo mesón lugués O Pedregal.

A cita resultou doce para os padales do numeroso público existente, que pupulou ao longo de toda a xornada do emblemático Campo da Feira de Parga cara as sombras da carballeira, ao pé do río e viceversa, gozando da maxestosa combinación de sons, sabores, olores e cores que ofrecía esta celebración promovida pola comunidade de montes veciñais Santo Estevo de Parga e polo Concello de Guitiriz co apoio da Deputación, de Sogama e de Agader.

Os sons musicais chegaron da man do grupo de gaitas A Rexouba e do grupo Kalima e os vogais foron cousa da pregoeira da feira, a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella. Non escatimou gabanzas para Guitiriz, «un enclave estratéxico» que conta con dúas riquezas que «definen o carácter de Galicia e dos galegos, que forxaron a nosa forma de ser: a auga e a pedra»

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios