Os partidos, un fervedoiro

Continúan os movementos desencadeados polas eleccións europeas de hai un mes. Parece que desde o 25 de maio nada é igual nos partidos, en todos menos no PP, que non fixo ademán de cambiar a excepción de emprender desde o Goberno unha reforma fiscal que nin sequera conforma aos seus baróns nas comunidades. Incluso a substitución na xefatura do Estado se pode encadrar nese vórtice, porque aínda que Juan Carlos I tivese previsto abdicar, os resultados electorais seguro que lle deron o derradeiro empurrón na decisión. E na esquerda todo é un ferve- doiro, desde o proceso para elixir o novo secretario xeral do PSOE ata a asunción de tarefas de gran calado en IU cun mozo de 28 anos como xeito de fagocitar o emerxente Podemos. E neste proceso xorde a reconversión de movementos sociais en plataformas políticas, porque o 25-M foi un punto de inflexión, a saber se é de non retorno.

Comentarios