Imprimir

Os Mestre Mateo recoñecen o talento en ‘18 comidas’ con sete galardóns

Jaureguizar / El Progreso | 18 de abril de 2011

Jorge Coira, Morris, Pico e Luis Varela, onte en Ourense (Foto. EP)
Jorge Coira, Morris, Pico e Luis Varela, onte en Ourense (Foto. EP)

A película ‘18 comidas’, do lucense Jorge Coira, foi a vencedora onte na carreira do premios Mestre Mateo, que entregou a Academia Galega do Audiovisual en Ourense. O filme do lucense alzouse co premio á Mellor Película deixando atrás ao outro favorito, ‘Crebinsky’, recentemente recoñecido no Festival de Cine Español de Málaga, noutras categorías.

Jorge Coira, que vestía unha camiseta da competidora, foi recoñecido como Mellor Director e Montaxe. Outros premios para esta película foron os de Guión, para o propio Coira, con Araceli
Gonda e Diego Ameixeiras, e o de Dirección de Produción, a María Liaño. Outros lucenses vencedores con ‘18 comidas’ resultaron ser Piti Sanz e Iván Laxe en Música Orixinal. Estiveron acompañados polo premio ao Mellor Son, a Carlos Mouriño , Diego S. Staub e Carlos García.

A cinta ‘Crebinsky’ tivo as súas recompensas en Mellor Actor, para Miguel de Lira; Maquillaxe e Perruquería, para Susana Veira; Fotografía, para Sergio Franco; e Dirección Artística, para Ángel Amaro e Nanda Cuíña.

O monfortino Dani de la Torre triunfou con ‘Mar libre’ na categoría de Mellor Película para Televisión, mentres que María Vázquez gañou na categoría de Protagonista Feminina e Eva Camino levou o premio ao Deseño de Vestiario polas súas achegas a esa obra.

O xovense Roberto Vilar impúxose nas categorías de Comunicador de Televisión e Mellor Programa de Televisión.

Non faltou a homenaxe a Luís Tosar, quen recolleu o premio de Honra Fernando Rey asegurando que « no audiovisual galego hai moito compañeirismo, os éxitos duns son os éxitos doutros», polo que afirmou que «son feliz de pertencer a este sector, a esta familia». O auditorio recibiuno posto en pé.

Veteráns

O traballo ‘Retornos’ veu premiado o traballo de dos veteráns nas categorías feminina e masculina de actor de reparto, con María Bouzas, e Xosé Manuel Olveira ‘Pico’.

‘Jazz en liberdade’, de Matriushka, gañou o galardón á Mellor Longametraxe Documental. A categoría de Obra Publicitaria foi para ‘Orgullosos do galego. En galego proba e verás’, de Filmanova.

O Mestre Mateo para a mellor Obra Interactiva foi para Galegolab, o movemento de defensa da lingua. En Obra Experimental gañou ‘Manuscritos pompeianos’, de Marcos Nine Búa. Nine, xunto
con Setemedia e Alicia Veira, venceu en Documental por ‘Radiografía dun autor de tebeo’.

O director de orixe lucense Oliver Laxe, triunfador en Cannes con ‘Todos vós sodes capitáns’ levou o premio Revelación Chano Piñeiro.

A Mellor Curtametraxe de Animación foi para ‘Gato encerrado’, de María Helena Varela Sánchez e Silvina Cornillón. En Curtametraxe de Ficción, os vencedores ‘Xoel y los X-Men’, de Zicozine, e The Big Bean. ‘Matalobos’ venceu en Serie de Televisión e Realización.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/os-mestre-mateo-reconecen-o-talento-en-18-comidas-con-sete-galardons/20110418222000212061.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)