''Los arrieros eran personas que tenían fama de mover dinero''

De lotero llevo 48 años, pero de monaguillo y sacristán de la iglesia de Pesqueiras, desde hace 55, aunque en 1968 se dejó de oficiar misa en el templo, monumento nacional. Añoro aquellas épocas en las que había que mantener encendida la lámpara del Santísimo. De mi casa se iba dos veces al día a la iglesia. También tocaba las campanas. Cuando se fue el calvo, o sea, cuando se abandonó ese modelo de publicidad, hice mi propio anuncio en la televisión local en el que, más o menos, decía que en Chantada aún se podía comprar lotería del calvo. Aquellos anuncios del calvo hacían subir mucho las ventas.

José Antonio Lorenzana / Santa María de Pesqueiras / Chantada

«Ven a Lugo», díxome un primo, que alí podes traballar. E alí fun, ao barrio Feijóo. Eu facía candís, canadas para muxir as vacas, regadeiras... que vendía aos que andaban nas feiras. Sabía facer todo iso, porque o aprendín de mirar a un veciño. Encargábanmos dun día para outro. «Quedei sen candís». E eu perdía de durmir e facíallos. Ben cedo, as seis da mañá ía levalos aos coches de Montaña, que saían da Ronda. Habíaos de pé, que eran máis caros, pero también pequeniños, deses que se metían na parede, que eran máis baratos, unhas seis pesetas. Tamén funís e cazos para o leite. Teño pasado moitos traballos.

Manuel Dopazo Gil / Lugo

Cuando se acerca el verano suelo añorar los de mi infancia y adolescencia, indisolublemente ligados a las dos ruedas. Mis bicicletas fueron creciendo conmigo y desaparecieron luego, para reaparecer ahora en mi memoria teñidas de tristeza. Ninguna de ellas, en todo caso, alcanza hoy la heroicidad que recuerdo en la de Juan Manuel, el cartero de Outeiro de Rei hace más de treinta años: una BH grisácea y escueta, sin timbre ni otra alegría, en la que repartía el correo con increíble lentitud. Tanta que no sé de qué murió hace unos años: si de hipercolesterolemia o de felicidad.

Carlos Casanova / Outeiro de Rei

Para o transporte, os arrieiros levaban un macho ou unha mula e aínda que ás veces podían aumentar o número, non era isto frecuente en Galicia. Segundo aconsellan os refráns: «Besta de arrieiro que vai en recua nunca sabe o que leva». Os arrieiros eran persoas que tiñan sona de mover cartos como todo tratante, por tanto igual que o muiñeiro estaba no punto de mira das rapazas casadeiras que buscaban deste xeito arranxar a súa vida.

Xosé Lois Ripalda / Erbedeiro / Carballedo

Polo ano 1946 a Lugo chegaba eu, sendo neno. Era para estudiar no Seminario Menor que daba á rúa do Bispo Aguirre. Penso agora que na contorna desta porta, o mesmo que nos meus primeiros recordos daquel Lugo. Andan soando aínda unhas fermosas voces canturaxadas que a min, e quen sabe se tamén á porta... nos enchen agora de saudade. Eran os agudos asubíos cos que os ourensáns afiadores soprando nos seus chifres avisaban á clientela. Sen querelo facíanos recordar aquela cantaruzada cantinela que dicía: «¡Afilador y paragüero, cuanto más viejo, más parrandero!»

Jaime Delgado / Lugo

Los chavales decíamos: «¡Afilador y paragüero, cuanto más burro más parrandero!»

Jesús Salgado Carballal / Lugo

Empecé a los 17 años. Fueron inicios de escoba y de pulir cubiertos, poco a poco, hasta la plata y el primer oro que pusieron en mis manos al apuntar maneras. Hay que empezar por abajo. Para saber mandar hay que saber obedecer. El error de hoy es que no hay sitio para el aprendiz. Hoy sale la gente de los centros de aprendizaje con un título, pero no sabe; ninguna empresa se puede permitir el lujo de tener un aprendiz tres o cuatro años mirando.

José Antonio Refojo / Lugo

¿Cartos? Poucos cartos gañaba daquela como maleteira. Botaba toda a noite na estación do tren e esperaba alí o Shangai, que viña da Coruña. Outras veces ía pola estación de autobuses, estaba alí xa ás seis ou ás sete da mañá. Eu non cobraba nada por carretar as maletas, só collía o que me daban.

Mercedes Expósito López / Lugo

En el entresuelo del edificio de la Morandeira ejercía Eduardo como coiffeur, peluquero de señoras, con un aire a lo Domenico Modugno y más loco que un rebaño de cabras, que gesticulaba como si fuese un pulpo acelerado mientras controlaba al rebaño de oficialas que teñían, ponían rulos y hacían las permanentes a las sufridas clientas.

Carlos Varela Prieto / Lugo

A forxa que tiña en Friolfe tiña unha plataforma de barro onde se queimaba carbón de uz para quentar o ferro e caldealo para logo calzalo con aceiro. A cinsa botábase nun caixón chamado fornalleira. Para avivar o lume empregábase o barquil ou fol, que daba aire á forxa. O barquil foi substituído polo ventilador eléctrico. Outro útil imprescindible no obradoiro dun ferreiro era o ingre ou xunca, onde se machacaba o ferro con mazas ou martelos. Para facer visagras e outras pezas empregábase o esteixador que vén ser un martelo de esquinas vivas. Tamén usabamos a maza -un martelo de cinco ou seis kilos-, para curvar e estirar os ferros. Este foi substituído, polo actual martinete ou martelo eléctrico. Imprescindible para facer o temple de toda clase de ferramentas é o pío, un bloque de cantería vaciado, que se enche de auga para poder introducir as ferramentas unha vez rematadas, para darlles a dureza axeitada ao destino que ten cada unha.

Xesús Vázquez / O Páramo

As cousas cambiaron moito para un carteiro rural. Antes eramos as persoas de confianza do pobo. Levabamos as boas noticias e tamén as malas, e mesmo o diñeiro das pensións aos maiores. De mozo, eu tamén me ocupaba de achegar o pan aos veciños que o encargaban e, a cambio, o panadeiro dábame seis pesetas. Nos últimos anos todo eran cartas de Facenda, facturas e multas.

Julio López Somoza / Gomeán / O Corgo

Viveiro era un mundo artesanal. Nós, os nenos da miña idade, vivimos a fin do mundo artesanal. Nos portais das casas aínda había zapateiros. Na miña había un tapiceiro, e ao lado, un follalateiro co barquín. Aquilo era unha maxia especial para un neno porque estaba vendo facer e labrar todo. Ao noso carón había un cesteiro que vendía os cestos no San Froilán unha vez ao ano. Traballaba todo o ano para saír en datas moi sinaladas e ti o estabas a ver e mesmo tes cesteado un pouco. Iso é unha experiencia moi rica.

Carlos Francisco Nuevo Cal / Viveiro

En la base se encontraban los barrenderos que, utilizando una escoba de urce o uz, de palo largo, barrían, de un solo plumazo, todo lo ancho de las calles más estrechas: Rúa Nova o San Pedro; los día de mayor actividad obligada eran los de mercado y ferias, dadas las residuales estelas que dejaban las caballerías, los vacunos y los expositores de repollos, leñas, etc.

Manuel Rodríguez y Rodríguez / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios