Imprimir

Un operario perde a vida en San Sadurniño ao ser golpeado por unha árbore

Redacción | 09 de enero de 2020

Un home faleceu esta tarde mentres traballaba en San Sadurniño despois de ser golpeado por unha póla dunha árbore no lugar do Camiño Arriba, na parroquia de Lamas.

Sucedeu preto das 18.20 horas. Nese momento, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba do ocorrido ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do operario.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/sucesos/operario-perde-vida-san-sadurnino-ao-ser-golpeado-pola-dunha-arbore/202001091928061416386.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)