Imprimir

O rueiro reflicte un país

Tito Diéguez |

El Progreso de Lugo | 14 de noviembre de 2017

FRANCISCO Franco paraliza o cambio de nome de medio cento de rúas de Madrid. O ditador non, claro, que leva 42 anos enterrado, pero a fundación homónima, legal, é quen de bloquear xudicialmente un acordo baseado nunha lei aprobada por un Parlamento democrático. O rueiro é o reflexo dun país, o espello no que se proxecta a súa historia, por iso que máis de catro décadas despois de morto o tirano aínda siga tendo importantes pegadas nas vías das nosas cidades e vilas amosa que non culminou a transición. Mantéñense non só polo esforzo da fundación que custodia o legado ideolóxico e patrimonial de Franco, senón pola permisividade dalgúns partidos políticos que transixen con esa existencia. Igual que nas rúas, prazas ou avenidas non hai cabida para nomes de corruptos, asasinos ou pederastas ten difícil explicación para que enxalcen os de golpistas ou ditadores. Pero aí están.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/o-rueiro-reflicte-un-pais/201711141354391280434.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)