O PP de Samos asegura que a Xunta investiu 2,5 millóns de euros no 2019 neste concello

O portavoz deste partido, José Fernández, afirmou que dedicou fondos para a mellora de infraestruturas, emprego e axuda no fogar
El portavoz del PP de Samos, José Fernández, y el delegado de la Xunta, José Manuel Balseiro. EP
photo_camera Reunión de José Fernández y José Manuel Balseiro. EP

A Xunta investiu máis de 2,5 millóns de euros en Samos durante 2019, segundo destacou o voceiro do PP neste concello, José Fernández, despois de reunirse co delegado territorial en Lugo.

É a administración que "máis inviste" no municipio, asegurou o popular, quen recordou algunhas das partidas adicadas a Samos. Entre elas citou os 150.000 euros para o servizo de axuda no fogar, 165.000 do Fondo de Cooperación Local, preto de 435.000 para a mellora da seguridade na carretera LU-633 e outros 16.500 para acondicionar uns aseos na capela do Ciprés, explicou Fernández.

En materia de emprego, o portavoz asegurou que Samos recibiu preto de 120.000 euros. O concelleiro tamén subliñou "a importancia das achegas da Xunta aos profesionais do medio rural", que foron de "máis de 1,5 millóns de euros".

A este investimento hai que sumar, dixo, os fondos do Plan Marco para arranxar camiños, así como para a contratación dunha brigada de loita contra os incendios forestais, a compra dun tractor e unha motobomba, e axudas para comunidades de montes.

Comentarios